sábado

Día de semana que segue ao venres, último na consideración relixiosa.

Etimoloxía

Chegou a través do latín, pero procede do hebreo sabath ‘día de repouso’.

Exemplos *

“… entrou unha tarde de outono, un sábado ás catro e media da tarde, como se fose unha cita cun avogado ou cun médico de pago, nin un minuto antes nin un minuto despois, que don Andrés tiña moitos asuntos que atender e, como un favor especial, recibíao o sábado para tomar un café.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

“A Monforte un sábado pola tarde acontecíalle o que á meirande parte das vilas que coñecía, que semellaban esmorecer e perder vida, coma se carecesen de recursos para vivir.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.