saldo

Venda de artigos a prezos rebaixados nun establecemento comercial

Etimoloxía

A palabra chega desde o italiano saldo co mesmo significado.

Exemplos *

“Marabillábase dos grandes saldos que se anunciaban nos escaparates dos tendeiros e dos guapos mozos que vestidos de militares botábanlle ó pasar olladas de brincadeira e fiadeiro.” (Ramón Otero Pedrayo: Contos do camiño e da rúa, 1932)

“A verdade é que nos unía unha mutua satisfacción: a miña, por ter saído dun atranco literario e a del, polos beneficios acadados, entre os que tivo a sorte de engadir dezaseis mil pesetas máis por oito contos de saldo que me vendeu.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Catapulta, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.