salvagardar

Defender ou protexer unha persoa ou cousa

Etimoloxía

Derivado de “salvagarda”, por influencia do francés sauvegarder

Exemplos *

“… eu o que realmente pretendía era salvagardar a nosa seguridade enganándoo canto podía a respecto das identidades de cada un de nós, xa que supuña que se se atrevían a enviarnos un home tan descaradamente era porque tiñan intención de ir moito máis alá.” (Manuel Lourenzo, Arqueofaxia)

“Ante a insistencia de que as macroinstalacións do porto agochasen algún elemento que podería constituír un obxectivo militar, os responsábeis negárono pero deixaron entrever que a Alianza empregaría todos os seus medios, capacidades e instalacións para salvagardar a integridade da comunidade internacional libre.” (Xurxo Borrazás, Costa Norte / ZFK

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.