santiaguiño

(Scyllarus arctus) Crustáceo mariño da orde dos decápodos, que ten o cacho rectangular de cor parda escura, cuberto de escamas que forman debuxos irregulares, duns dez centímetros de tamaño, e cunha especie de antenas en forma de espátula na cabeza.

Etimoloxía

Deriva do nome de Santiago, pola semellanza entre o debuxo que presentan as súas escamas e a cruz de Santiago.

Exemplos *

“Centolas, percebes, santiaguiños, nécoras, lagostinos e camaróns abrían aquela esmorga sen límite de consumición por parte dos excursionistas.” (Fernando Cabeza Quiles: Domingo de resurrección)

“... a uns santiaguiños vidos de Boiro, de casa Pachín, [...] e a outras peperetadas de mar, xa a ben alcalde e cabaleiro, falou aconsellante Don Quixote.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.