serra

Ferramenta ou máquina na que o elemento principal é unha lámina, un disco ou unha cadea dentados, que se emprega para cortar madeira ou outros materiais duros como a pedra, os metais etc.

Etimoloxía

Chegounos da forma idéntica do latín.

Exemplos *

“Desde algún lugar do interior chegáballes o ris-ras dunha serra cortando madeira.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“O carpinteiro fica no centro, rodeado da tripulación, maldicindo o día que se lle ocorreu aprender a manexar a serra.” (María Reimóndez Meilán: Pirata)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.