sístole

Fase de contracción do corazón durante a cal as aurículas e os ventrículos se baleiran de sangue.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero vén do grego sustole, -es ‘contracción’.

Exemplos *

“O conto podía comezar cunha folla de papel, despois de pasar polo Amazonas e a sístole e diástole do corazón.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

“… como un vaivén de sístole e diástole mecánico e brutal, todo o meu corpo, o meu ser enteiro, iniciase tamén unha viaxe interior que me levaba a un tempo ido …” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.