solidariedade

Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita

Etimoloxía

Termo creado sobre “solidario” e este sobre “sólido” que vén do latín solidus, -a, -um ‘denso, consistente’

Exemplos *

“Unha película que fixemos case por unha cuestión de vontade e de militancia na solidariedade internacional, que é Checkpoint Rock , unha película sobre Palestina dirixida por Fermín Muguruza...” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“Nos sectores periurbanos , recuperar unha serie de trazos de solidariedade, sentido de veciñanza, de pertenza ao lugar, (...) , supón implementar estratexias de mellora de calidade de vida.” (Mª Pilar de Torres Luna e Rubén Lois González: A parroquia e a xeografía de Galicia, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.