solto

Baile no que a parella non se abraza.

Etimoloxía

Chegou do latín soltus, -a, -um, que se remonta ao verbo solvere ‘desatar, soltar’.

Exemplos *

“Trátase, claro está, de Susana, que baila o solto cun executivo.” (Euloxio R. Ruibal: Namberguán. Guión de cinema)

“A xente non quería muiñeira, o baile solto, quería bailar agarrado e pedía pasodobre, rumba, fox-trot.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.