sopa

Prato composto dun caldo onde se cocen substancias sólidas e que se serve polo xeral ao principio das comidas.

Etimoloxía

Parece que esta palabra nos chegou de terras máis ao norte de Europa, probablemente do xermánico suppa, denominación da sopa feita con pan mollado.

Exemplos *

“Estabamos tan felices con que papá estivese vivo que non nos importaba comer sopa de laranxa ou repolo.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

“Por un pouco de sopa, por un prato de comida, por un pouco de sopa entrego a miña vida.” (Paula Carballeira: Alicia & Alicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.