soutar

Apañar do chan as castañas que caen dos ourizos.

 

Etimoloxía

Sobre a base 'souto' (do latín saltum ‘bosque, fraga’)  engádese o sufixo -ar.

Exemplos *

“O máis lonxe que podía ir sen compaña era á fonte ou ós pasteiros da vaca e dos porcos, ou soutar as poucas castañas que aínda quedaban cando empecei a camiñar…". (Xosé Miranda: Morning Star)


“Deixe ós seus veciños que veñan soutar cando gusten, libremente, como sempre fixeron…” (Xosé María Gómez Vilavella: Historias intra da bisbarra)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.