telefilme

Filme realizado para ser emitido por televisión

Etimoloxía

Termo híbrido creado con “tele-” ‘televisión’ e “filme”, que é a adaptación do préstamo inglés film ‘película, membrana’.

Exemplos *

“Lucho viña anunciarme que estaba a piques de comezar o correspondente episodio do telefilme.” (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario, 1997)

“Así, despois de xantar, cando o pai marchaba e a nai durmiñaba no sofá sen ver o telefilme da TV, ela encerrábase no seu cuarto.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.