telespectador -a

Espectador de televisión

 

Etimoloxía

Vocábulo froito do prefixo “tele-”: ‘a distancia’ e a palabra “espectador” procedente do latín spectator, -oris ‘observador’.

Exemplos *

“Xa pasou aquel primeiro trauma que sufriron os telespectadores galegos ó escoitaren falar na súa lingua ós grandes actores e actrices mundiais.” (Arturo Maneiro Vila e Alfonso Cabaleiro Durán: A TVG. Unha institución pública imprescindible en Galicia, 1993)

“Un apoio para os grandes homes: un votante nas eleccións, un telespectador confundido entre a masa, un veciño máis para a parroquia e un consolo para os outros homes pequenos...” (Navia Franco Barreiro: Historias de Edel, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.