timorato -a

Que ten medo de errar, de ofender ou que é excesivamente tímido

Etimoloxía

Palabra culta que chega desde o adxectivo latino timoratus, -a, -um ‘que teme a Deus’.

Exemplos *

“E marcharon, desfilando acompañados polos ladridos dun can timorato, acañado, lento, que bole ao seu carón coa lingua fóra.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

“Abofé que estas son persoas timoratas, contidas, coitadas, eivadas da alma, que temen que se lles escapen humidades polos ollos, tremores polos beizos, angurias polo falar.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.