tinto

Viño de cor vermella escura

Etimoloxía

O participio de tingeretinctus– significaba ‘enchoupado en tinta’, en latín.

Exemplos *

“O tinto, sobre todo, faise fermentar co bagazo, pois toma a cor ó ferver, e déixase máis tempo en contacto con el . Por eso as máis das veces, o viño tinto galego é máis acedo e duro có blanco.” (Xosé Posada: Os viños de Galicia, 1979)

“Era a primeira vez que o escoitaban dicir boas noites. Non tiña a mosca. E as caras retomaron a confianza. Seguiu cantando o tinto mencía ata que xa era o albor.” (Xosé Vázquez Pintor: Mar de bronce, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.