tiraliñas

Instrumento de debuxo para trazar liñas, provisto dun cabo e dúas láminas de metal rematadas en punta cun oco entre elas que se carga de tinta.

Etimoloxía

Compúxose a partir de tirar, voz de orixe descoñecida, e liña, esta procedente do latín linea, -ae ‘fío’.

Exemplos *

“… campos de millo de forraxe e prados, sobre todo prados, trazados a tiraliñas, a penas separados por unha ringleira de árbores …” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa)

“… fronteiras irracionais que conseguiron separar a múltiples nacionalidades obrigándoas a convivir en Estados delimitados non en función da súa realidade ou do seu pasado senón dos caprichos dun tiraliñas.” (Xulio Ríos: Galicia Internacional 06-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.