tiratacos

Xoguete feito xeralmente cun pau de bieiteiro ao que se lle extraeu o sámago e co que se lanzan uns balotes de abrótega, estopa ou outros materiais empuxados por unha baqueta de pau.

Etimoloxía

Substantivo formado ao se combinaren o verbo 'tirar' e o substantivo 'taco'.

Exemplos *

“-Poderiamos voltar a Ribadeo e agacharnos na cetaria -¡Déixate de parvadas, Al! -Ou, mellor, montar unha cabana na que ti cociñases as gaivotas que eu cazase co tiratacos.” (Santiago Jaureguízar: Todo a cen)

“Logo, foise estarricando até quedar deitado cara pra o ceo. -Pero tes xoguetes, e enredas -díxenlle. -Pois non. Todo eso quedou alá, na aldeia. A estornela, os carros de pau, o tiratacos…” (Xosé Neira Vilas: Historias de emigrantes)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.