tixola

Utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.

Etimoloxía

Considérase que procede dunha forma do latín *tegella, derivado do verbo tegere ‘cubrir’.

Exemplos

“Se lanzamos un ovo nunha tixola que conteña alcol, prodúcese un cambio de aspecto que lle dá aparencia de estar fritido.” (Código Cero 10-2010)

“Partía longas talladas de touciño que botaba na tixola.” (Eduardo Moreiras: Fogo solto)