tixolo

Recipiente de barro ou de ferro, con furados polo fondo, que se utiliza para asar as castañas.

Etimoloxía

Relaciónase a súa orixe coa de 'tixela' (dunha probable forma tigella que á súa vez se relaciona coa clásica tegula).

Exemplos *

“As castañeiras empiringotadas, cos seus grandes tixolos: ¡Castañas asadas, castañas bulladas!" (Daniel Cortezón Álvarez: A vila sulagada)

“As lapas brincaban entre as pedras dispersas e os tixolos negros e colorados.” (Xosé Miranda: O demo á orella)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.