tortura

Sufrimento físico ou moral intenso inflixido como castigo ou para facer confesar a un acusado.

Etimoloxía

Aparece grazas ao termo latino tortura, –ae 'acción de torcer', 'dor' ou 'tormento'.

Exemplos

"A satisfacción na tortura non está tanto en tirar unha confesión como no gozo que produce no verdugo o feito de ter á súa completa mercé á vítima." (Francisco Sampedro: A violencia excedente)

"Nin a tortura podía ser máis cruel e dolorosa que a situación na que estaba prostrados." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)