tostado

Que é de cor ocre escura

Etimoloxía

Polo participio de tostare, frecuentativo do latín clásico torrere ‘torrar’.

Exemplos *

“Comeron coma lobas e beberon do Ribeiro. O Coxo de pozos xa falaba en griego. Retirouse aquel servicio e veu outro de torrexas coa leite, queixo, noces, frutas e unha botelliña de viño tostado d 'Arnoia en Ourense, do que resucita os mortos.” (Xan de Masma: ¡A besta!, 1899)

“E o pobre, do que tiña, púxolle a mellor cousa, que case vivía na miseria, deulle a cea, e ó rematar ensinou lle o cuarto e cando estaba na cama colleu viño tostado e levoulle un vaso del : toma, bebe isto que é o gorro de durmir.” (Emilio Araúxo: Tempos serodios, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.