tráiler

Vehículo formado por unha cabina de tracción e un remolque longo para transporte por estrada.

Etimoloxía

Este termo procede do inglés, onde se formou a partir de trail ‘arrastrar’.

Exemplos *

“Nunca chegamos a Sarria porque, ao pasar polo alto do Poio, un tráiler cargado de penso esmagounos como a unha cascuda.” (Xoán C. Rodríguez: Occidencia)

“Achegouse á carpa, deitada xa no chan. Unha ducia de traballadores, con pouca roupa para o frío que ía, tentaban liberalo de neve co fin de recollela e metela nun tráiler.” (Jaureguizar: As horas sucias)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.