trangallada

Diversión ou festa improvisada e desordenada

Etimoloxía

Pénsase que ten relación con “trangallo” e este deriva de “tranca”, probablemente prerromana e celta, de *tranca ou *taranca ‘barra de ferro’ ou ‘caravilla’.

Exemplos *

“...porque estes días que ando de trangallada cos compañeiros mesmo parece que todo me vai mellor.” (Manuel Anxo Laxe Freire: Loita e morte, 1986)

“Se queres trangallada vaite para arriba , eu non teño gana de leria.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.