transfusión

Operación consistente en facer pasar sangue ou os seus derivados, directa ou indirectamente, dun doador a un receptor.

Etimoloxía

Vén do latín transfusio –onis, derivado de transfundere ‘botar líquido dun vaso para outro’ e este de fundere ‘derramar’.

Exemplos *

“Ten conectada a respiración asistida e segue a transfusión continua, pola hemorraxia múltiple, ademais doutras subministracións intravenosas.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

“... un médico inglés moi preparado en temas cardiovasculares, brindara con ese viño tras realizar con éxito a primeira demostración práctica de transfusión directa de sangue ...” (Xosé Luís Martínez Pereiro: A verdade como mal menor)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.