tremoia

Mecanismo que se utiliza no teatro para producir certos efectos especiais.

Etimoloxía

A primeira acepción desta palabra é unha peza do muíño e con iso relaciónase a súa orixe, produto de se combinaren tremere ‘tremer’ e modium ‘medida de gran’.

Exemplos

“... coma se alguén aproveitara un descoido seu para trocarlle retranqueiramente, e cun apurado mecanismo de tremoia, o decorado do seu drama particular.” (Antón Risco: Tres situacións elementais)

“O escenario está baleiro deixando ver, espidas, as propias paredes do teatro. Os elementos da tremoia e a correspondente maquinaria están tamén á vista.” (Eduardo Alonso: Teatro imprevisto)