tronco

Talo leñoso dunha árbore ou arbusto, que sobresae do chan desde onde comeza a raíz e do que parten as pólas máis grosas que á súa vez se van dividindo.

Etimoloxía

Evolucionou a partir da voz latina truncus –i, que tiña este significado.

Exemplos

“Probaron vostedes a matinar o que lle sucedería a unha árbore de retirarlle o tronco e as pólas?” (Xabier López López: Os libros prestados)

“Había árbores de tronco robusto e pólas verticiladas que me facían lembra-las araucarias, urces retortas, sabinas de sombra desprazada, cedros, palmeiras reais e de rabo de peixe ...” (Xavier Queipo: O paso do noroeste)