uña

Placa córnea na que remata o extremo dos dedos dos vertebrados terrestres e que, segundo os casos, serve como defensa, apoio etc.

 

Etimoloxía

Procede do que en latín era un diminutivo, ungula –ae.

Exemplos *

“Tiña os dedos longos e moi delgados coas uñas lixeiramente pintadas dunha cor moi discreta, case transparente.” (Manuel Forcadela: Barato, barato)

“Ao lado, o pai agarraba o volante cunha man e levaba a outra á boca, apertando as uñas cos dentes, sen chegar a crebalas, co pensamento viaxando da nenez ao cuarto do hospital.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.