venres

Día da semana que segue ao xoves e precede ao sábado.

Etimoloxía

Para os latinos era o día de Venus ou dies Veneris.

Exemplos *

“O meu pai estaba no mar, é mariñeiro, vén á casa os venres á noite e volve para o mar os domingos.” (X.H. Rivadulla Corcón: Amar unha serea)

“… el non tiña visitas, visitador como fora, agora estaba decididamente só entre as quince e as dezasete, de luns a venres, e ao medio día dos sábados e festivos.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.