veracidade

Calidade de veraz (que corresponde á realidade con exactitude, que é conforme á verdade).

Etimoloxía

Na orixe desta palabra encróntase o latín verax, -acis 'verdadeiro'.

Exemplos *

"Nunca tampouco teimou tanto sobre a veracidade das súas palabras, pois el, que non é parvo, sabe que o escoitamos polo mero pracer da narración." (Isidro Novo: Airadas de palabras)

"A verdade, a veracidade, a obxectividade e a neutralidade non son atributos de ninguén nin de nada, aínda que debería se-lo camiño a seguir por todos". (Vicente González Radío: Comunicación de masas e sociedade galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.