vieira

(Pecten maximus) Molusco bivalvo da clase dos lamelibranquios de tamaño grande e carne apreciada, coa valva superior plana e de cor avermellada e a inferior convexa, branca con manchas pardas.

Etimoloxía

Procede do latín veneria –ae, ‘cuncha’, derivado do nome da deusa do amor, Venus.

Exemplos *

“... viñeron cabo de min que estaba, non necesito dicilo, pegada ós fogóns, e encargáronme dez empanadas de vieira ...” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

“Seguindo o asesoramento do camareiro, optou por pedir ensalada de vieiras ...” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.