violín

Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo.

Etimoloxía

Esta forma procede do italiano violino.

Exemplos *

“O cego afinaba o seu vello violín, deixaba os seus ollos perdidos na noite que habitaba (noite poboada de contos, andrómenas, historias e pantasmas) e anunciaba, nun supoñer, o Cantar da Aventura de don Sebastián.” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)


“…xentes morenas, de abrigos longos e sombreiros dos que caían unhas guedellas ensarilladas, coma trenzas, e mulleres de saias multicores que facían danzas circulares na cuberta ó son do acordeón e do violín nos días de calma.” (Ramiro Fonte: Soños eternos)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.