violonchelo-violoncello

Instrumento musical de corda, máis grande ca o violín e que dá notas máis graves.

Etimoloxía

Procede do italiano violoncello.

Exemplos *

“Na entrada ás galerías había catro músicos, unha muller que tocaba o violoncello, un frautista de traveseira, un violinista e un que tocaba a viola.” (Xurxo Borrazás: Na maleta)


“Es doce como o verso encabalgado, doce palabra libre e pesadelo, doce como ese son do violonchelo doce canto, barítono do agrado.” (Arximiro Villar González: Ausencias pretéritas)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.