volume

Corpo material dun libro encadernado, que pode conter unha obra completa, estar formado por escritos independentes ou formar parte dunha obra máis ampla que teña máis unidades encadernadas por separado.

Etimoloxía

A súa orixe está no latín volumen, -inis, que serviu para denominar o rolo manuscrito e logo o libro.

Exemplos *

"… gustaríame facerlles un agasallo da miña biblioteca antes de que marchen -comentou, poñéndose en pé para sacar un volume dun dos andeis." (Santiago Jaureguizar: A rutina corsaria)

"A biblioteca do mosteiro composta de milleiros de volumes quedou destruída completamente." (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.