xabre

Area grosa.

Etimoloxía

Proponse que derive do latín sabulum ‘area’.

Exemplos *

"As súas beiras areosas estaban formadas co xabre acumulado pola corrente durante anos e anos."(Antón Cortizas: Leonel)

"Os pensamentos de Daniel tropezaban uns cos outros e, logo, inconsistentes, desfacíanse como se fosen de xabre." (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.