xema

Masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla.

Etimoloxía

Chegou desde o latín gemma –ae ‘gromo dun vexetal’.

Exemplos

“A xema do dedo índice da súa man dereita chegara a se pousar no lombiño fráxil do bicho e coñecíase que os dous estaban satisfeitos do aloumiño.” (Paco Martín: Tres historias para ler á noite)

“As mans expertas tiraban con fluidez da baralla e corenta dedos buscaban cobizosos as cartas que caían na mesa da taberna, a cor do lombo esvaecida polo fregar das xemas.” (Xesús Fraga: Tute para catro)