xeque

Xefe dun territorio ou dunha tribo árabe.

Etimoloxía

Procede do árabe saih ‘caudillo’.

Exemplos *

“O 14 de febreiro pasado Bahrein pasou a converterse en reino e o ata entón emir, xeque Hamad ben Isa al Jalifa, que accedeu ó poder trala morte do seu pai, xeque Isa, no ano 1999, foi designado monarca do país.” (O Correo Galego 10-05-2002)

“Eu son o gato Mangato, xeque dos Beni-Beni-Beni, da proxenie dos Mangatos de Bagdad, aínda que resido en Damasco!” (Daniel Cortezón: Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.