xoio

(Lolium temulentum) Planta da familia das gramíneas, con flores en forma de espiga con arestas agudas que alternan a ambos os lados do talo, moi daniña para os cereais e moi difícil de erradicar.

Etimoloxía

O seu nome en latín era lolium, -ii e evolucionou dando o noso xoio.

Exemplos *

"Para facer este caldo, ademais do xoio, é preciso que a auga no que se faga sexa choca e de ría, que leve os miolos dunha ducia de sapos vellos …" (Isidro Novo: Airadas de palabras)

"O xoio é outra herba prexudicial para os cereais, sobre todo, para os campos de trigo e os de centeo." (C. Charamuscas: O Correo Galego 03-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.