xustiza

Respecto e recoñecemento dos dereitos e do mérito dunha persoa

Etimoloxía

Palabra que deriva do termo latino justitia, -ae ‘xustiza’, ‘leis’ e ‘equidade’.

Exemplos *

“Rosalía acaba resolvendo o conflito solidarizándose sororalmente coas mulleres das clases populares e abrazando a un tempo a causa feminista e a causa da xustiza social.” (Teresa Moure: Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012)

“Só minorías asociais poderían negar hoxe a validez de principios universais referentes ós dereitos humanos, á xustiza social ou á democracia, en canto esixencia da participación política” (Xaime Rodríguez Arana: O Correo Galego 24-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.