xutar

Golpear o balón co pé, no fútbol.

Etimoloxía

Ten a súa orixe no inglés to shoot, ‘tirar, disparar’.

Exemplos *

“Gran xogada de Iago Aspas, que dá o pase de gol a Bermejo, que chegou forzado e non puido definir no seu disparo ante Andrés Fernández. Posteriormente, Roberto Lago xutou fóra entre un mar de pernas.” (La Voz de Galicia, 1/9/2012)

“Centra Gama pero Navarro despexa sen problemas. E Bruno xuta forte pero centrado na seguinte xornada.” (La Voz de Galicia, 28/9/2012)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.