zamarra

Peza de roupa de abrigo, en forma de chaqueta, feita de pel ou tecido groso

Etimoloxía

Palabra procedente da vasca zamar, ‘pelo de gando lanar’.

Exemplos *

“Traía posta unha zamarra de pelica de becerro.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“No inverno vestía unha zamarra con lapelas de raposa e no verán un traxe gris cruzado de franxas negras.” (Antón Rivero Coello: Casas baratas, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.