zanfona

Instrumento musical de corda con teclado, no que as cordas son percutidas por unha roda que rota ao ser accionada por unha manivela.

Etimoloxía

Procede do latín, dunha hipotética forma sumponia, equivalente vulgar de symphonia, de orixe grega.

Exemplos *

“A enorme cantidade de mendigos que ateigaban os vieiros do país xerou un variadísimo conxunto de "tipos populares": o cego da zanfona, a moza endemoniada, os vellos músicos, o neno entangarañado, os simples pícaros.” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración)


“Trátase, precisamente, de facer que primeiro desconfíen para logo descubrirlles o segredo: un vello reloxo de peto sen cristal, especial para cegos, que herdei dun tío meu, Deus o teña na gloria, que andaba cantando coplas e tocando a zanfona de feira en feira.” (Euloxio R. Ruibal: De corpo enteiro)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.