Xa está en marcha a iniciativa da Palabra do Ano para que poidamos elixir colectivamente a que mellor representa o 2015 que anda para marchar. Durante as dúas primeiras semanas de decembro, recolleremos todas as propostas que nos fagades chegar co termo que na vosa opinión resume o máis importante dos últimos doce meses. Quedarémonos, de entre todos eles, cos máis populares e cunha maior carga semántica.
Nunha segunda fase, abriremos unha votación para que antes de que remate decembro poidades escoller, de entre as palabras seleccionadas, a vosa favorita. A que máis votos leve será a Palabra do ano 2015.
En 2014 elixistes corrupción, que palabra propoñedes para este ano?
Web da Palabra do Ano 2015: