franquear

Pór selos a unha carta ou paquete que se envía por correo.

Etimoloxía

Verbo derivado de franco 'libre' que se orixina no termo xermano frank, nome co que se coñecía o pobo que invadiu a Galia e que acabou sendo unha clase nobre exenta de impostos.

Exemplos *

"El ía comprobando as datas, os lugares de franqueo, todos destino de emigración, todas concentradas nun período de quince anos." (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

"Quero te-las cartas feitas, gardadas nos sobres cos enderezos e deixalas, franqueadas e certificadas, nas mans de Severo, o do correo, antes de ningunha outra cousa." (Paco Martín: Tres historias para ler á noite)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.