
Achégase o ano 2023 pero antes de pecharmos o 2022 toca facer balance e, como xa é tradición, escollermos coa vosa axuda a Palabra do Ano dos últimos doce meses. Tomade nota do calendario, participade en cada fase e compartide!
Primeira fase
Recolleremos as vosas suxestións NESTA LIGAZÓN ata o domingo 11 de decembro ás 23:59 horas.
Segunda fase
O martes 13 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas e poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do domingo 25 de decembro.
Terceira fase
O martes 27 de decembro desvelaremos que voz elixistes como Palabra do Ano 2022.