Apertura do Ximnasio Léxico

Non todos os días estamos de estrea! Daquela hoxe estamos ledos porque, despois de meses de traballo, podemos presentar unha nova iniciativa para mellorar no dominio do noso léxico que é o que no Portal das Palabras nos leva a vida.

Quen non tivo a sensación de que unha palabra non lle viña ao acordo cando máis a buscaba? Quen non pugnou por atopar un bo sinónimo sen dar con el?

Non prometemos rematar con todas estas situacións mais ofrecemos un Ximnasio Léxico sen cotas no que fortalecer o voso vocabulario. Tres aparellos (Bule!, Rube! e Une!) nos que é o propio dicionario o que vos interroga e tres vitaminas culturais como recompensa por obteres un bo resultado nas etapas anteriores. Poderedes poñervos máis fortes e áxiles, pero tamén comprobar o hábiles que xa sodes competindo con todos os que queiran participar. O Ximnasio é a aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega que xa pode descargarse en todos os dispositivos móbiles de Android e iOs.

Grazas a toda a xente que colaborou connosco e facilitou que a aplicación fose probada antes do seu lanzamento entre o alumnado de centros de ensino dos ámbitos rural e urbano (en particular, o IES Pintor Colmeiro de Silleda e o IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense), que foron os primeiros en mellorar a fórmula.

 

 

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir