Entidades titulares
A Real Academia Galega (en adiante RAG ou Academia) é unha institución científica, creada en 1905, que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, do Parlamento galego, outórgalle á Academia a autoridade lingüística que debe exercer no ámbito normativo e léxico.
A RAG ten a sede social na Rúa das Tabernas 11, 15001 da Coruña. O NIF da entidade é: Q-1568003-F. Os sistemas de contacto son o teléfono +34981207308 e o correo electrónico secretaria@realacademiagalega.org A Fundación Barrié (en adiante Fundación ou Barrié) é unha fundación patrimonial privada creada o 5 de novembro de 1966, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento sustentable de Galicia, con especial pulo ás iniciativas vinculadas á educación e o fomento do talento. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia declarouna de interese galego o 13 de xuño de 1986. A Barrié ten a súa sede social no Cantón Grande 9, 15003 A Coruña. O CIF da Fundación é G 15027972. Os sistemas de contacto son o teléfono +34981221525 e o correo electrónico biblio@fbarrie.org
Portal e dominios
A propiedade da web “Portal das Palabras” e dos dominio portaldaspalabras.org e portaldaspalabras.gal, pertencen de forma conxunta ás dúas entidades titulares. A marca “Portal das Palabras” e o dominio “portaldaspalabras.org” rexistrounos a Fundación Barrié. O dominio “portaldaspalabras.gal” está rexistrado de forma conxunta.
Dereito de propiedade industrial e intelectual:
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié teñen de forma conxunta os dereitos de explotación da propiedade intelectual e industrial e de imaxe sobre os contidos dispoñibles a través do portal portaldaspalabras.org, coas seguintes excepcións:
1) A propiedade do conxunto do Dicionario presente nestas páxinas é en exclusiva da Real Academia Galega
2) Determinadas imaxes e citas literarias presentes nas nosas páxinas poden estar suxeitas a dereitos de terceiros
O acceso polos visitantes a esta web non implica renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial daqueles dereitos por parte das entidades titulares nin, no seu caso, doutros propietarios do contido publicado.
Prestación dos servizos e responsabilidade:
As entidades titulares non garanten a fiabilidade, veracidade, corrección e utilidade dos servizos e informacións que presta esta web, nin a súa continuidade.
Os contidos desta páxina están destinados a un uso persoal e non comercial por parte dos visitantes, queda prohibida calquera reprodución, modificación ou comercialización sen autorización previa por parte dos titulares.
As entidades titulares non se fan responsables da mala utilización dos contidos desta páxina por parte de usuarios, nin da información daquelas páxinas web de terceiras persoas que conteñan unha ligazón a esta páxina.
O Portal das Palabras non permite, salvo autorización expresa, a integración de calquera dos seus servizos nas páxinas web de terceiros.
As entidades promotoras non garanten que a súa páxina web e servidor estean libres de virus e non se fan responsables dos danos causados polo acceso á súa web ou pola imposibilidade de acceso.
Privacidade dos datos de carácter persoal. Uso de ‘Cookies’:
‘Cookies’ de análise son aquelas que, ben sendo tratadas polo webmaster do Portal das Palabras ou por terceiros, permiten cuantificar o número de usuarios e así facer a medición e análise estatística da utilización dos servizos que se fornecen a través do portal. Para iso, analízase a navegación de todos os usuarios no Portal das Palabras, co fin de mellorar a oferta de servizos que lles ofrecemos.
O Portal das Palabras utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía do Estado de Delaware (Estados Unidos de América), que ten a oficina principal no número 1600 de Amphitheatre Parkway, en Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos. Os usuarios do Portal das Palabras poden non aceptar o tratamento de datos ou da información rexeitando o uso de ‘cookies’ a través da selección da configuración axeitada do navegador. En todo caso, debe ser coñecedor de que o funcionamento pleno do Portal das Palabras pode verse afectado. Tamén pode refusar que Google Inc. faga uso das ‘cookies’ e dos datos relacionados co Portal (incluíndo a súa IP), impedindo así o tratamento dos mesmos por Google Inc. mediante a descarga e instalación dun ‘plug-in’ na seguinte ligazón:
https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=pt
Os usuarios deste Portal, ao facer uso do mesmo sen adoptar ningunha das medidas de protección que se veñen de expoñer, consenten o tratamento da información acerca da súa actividade de navegación por parte de Google Inc. na forma e para os fins arriba indicados.
Formas de permitir, bloquear ou eliminar as ‘cookies’:
Os navegadores máis comúns están configurados de forma predeterminada para aceptar as ‘cookies’. O usuario pode permitir, bloquear ou eliminar as ‘cookies’ instaladas mediante a configuración das opcións do navegador do seu equipo ou dispositivo. Se o usuario do Portal das Palabras bloquea as ‘cookies’, pode afectar o funcionamento e optimización dos servizos que presta o Portal.
Para máis información sobre cada navegador, pódense utilizar as seguintes ligazóns:
- Apple Safari
- Mozilla Firefox
- Internet Explorer
- Google Chrome
- Opera Windows e Opera Mac
- Navegador iOS
- Navegador Android