Buscamos a Palabra do Ano

Xa é unha tradición que por estas datas comecemos a campaña para a elección da Palabra do Ano 2024. A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren desde esta mañá a primeira fase desta iniciativa promovida a través do Portal das Palabras.

Queremos facer balance dos últimos meses escollendo de maneira colectiva a Palabra do Ano. Elixide voces que resuman como os vivistes, que garden relación ou dean nome a algunha das vosas preocupacións ou a algún fenómeno novo, e mesmo que salienten as aspiracións de todos e todas para despedírmonos do ano que remata e dármoslle a benvida ao próximo cunha ilusión renovada. Poden ser tanto voces tradicionais da lingua galega coma neoloxismos e sintagmas nominais non rexistrados do Dicionario da Real Academia Galega.

A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases:

Primeira fase

Recolleremos as vosas suxestións NESTA LIGAZÓN ata o domingo 8 de decembro ás 23:59 horas.

Segunda fase

O mércores 11 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do mércores 25 de decembro.

Terceira fase

A Palabra do Ano darase a coñecer nos últimos días do 2024.

Tomade nota do calendario, participade en cada fase e compartide!

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir