Cal é para vós a Palabra do Ano 2026?

Achégase a fin de 2026 e andamos xa á procura da Palabra do Ano. E, coma sempre, vós tendes moito que dicir. Premede nesta ligazón para enviarnos as vosas suxestións e ficade pendentes do calendario para votar pola vosa finalista favorita!

A campaña da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a escolla colectiva da Palabra do Ano anima toda a cidadanía a pensar nesa voz que dalgún xeito resume como vivimos os últimos meses. Ou naqueloutra que nos permite redimirnos daquilo que queremos deixar atrás. Ou mesmo agradecer e proxectar cara ao futuro o bo que nos trouxo 2026. Vós decidides. Vós tendes a palabra.

Primeira fase:

Recolla das vosas suxestións NESTA LIGAZÓN ata o venres 20 de novembro ás 23:59 horas. Podedes mandar calquera palabra que prefirades e mesmo varias.

Segunda fase:

O martes 25 de novembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata ao mércores 16 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase:

Tras o reconto dos vosos votos, anunciaremos cal é a Palabra do Ano 2026 nas vésperas do Nadal.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir