Cal será a Palabra do Ano 2019?

Que termo merece converterse na Palabra do Ano 2019? Achega a túa proposta nesta ligazón.

Deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as palabras que o público escolleu nos anos anteriores. Todas elas resumen ou identifican dalgún xeito unha realidade destacada de cada momento. Son palabras que irromperon na fala cotiá, repetidas día tras día nos medios de comunicación e que, sobre todo, nos transmiten nun momento determinado moito máis do que a súa mera definición indica. Cal será neste 2019 a piques de concluír a nova Palabra do Ano?

A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases.

Primeira fase

Recepción de propostas. Recolleremos todas as suxestións que as persoas que desexen participar nos envíen desde hoxe, 2 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo 15 de decembro. Se non te dás decidido por unha, podes mandarnos varias palabras.

Segunda fase

Ábrese o luns 16 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas finalistas ata o mércores 25 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase

Tras recontarmos os votos, o venres 27 de decembro desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2019.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir