Xa andamos á procura da Palabra do Ano!

Comezamos a campaña para elixirmos colectivamente a Palabra do Ano 2021, ese termo que ben podería resumir os últimos meses; poñer o acento sobre un aspecto da actualidade que nos emocionou, para ben ou para mal, coma poucos; ou recoñecer algunha calidade colectiva que queiramos, nestes tempos que corren, reivindicar. Agardamos con moitas ganas as vosas suxestións. Velaquí tendes o calendario de participación. Anotade e compartide!

Primeira fase

Recepción de propostas. Recolleremos as vosas suxestións dende o venres 26 de novembro ata o domingo 12 de decembro ás 23:59 horas.

Segunda fase

O martes 14 de decembro anunciaremos cales son as palabras finalistas. Poderedes votar pola vosa favorita ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro.

Terceira fase

Tras recontarmos os votos, desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2021 tras a celebración do Nadal.

 

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir