Cal será a Palabra do Ano?

Esta noite non marchedes cedo para a cama! Estamos a procesar todas as palabras que nos enviastes na primeira fase da iniciativa para elixirmos a Palabra do Ano 2018. Poderedes votar por calquera das seis que resulten finalistas a partir das 23:59 horas deste luns e ata as 23:59 do 25 de decembro nesta ligazón.

Todas e todos podemos votar libremente, coa única restrición de non facelo máis dunha vez desde o mesmo equipo por período de vinte e catro horas (tampouco se admitirá que voten máis de tres dispositivos por enderezo IP). A gañadora darase a  coñecer o xoves 27 de decembro.

Palabras traballadas

Todos os termos que traballamos, fóra das Palabras do día, ordenados alfabeticamente.

Ver

Palabras do día

Unha palabra cada día dos 365 do ano, ordenadas alfabeticamente ou por data.

Ir

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí